Xogos Xogo “o muíño”

Xogo “o muíño”

Material: nove fichas por xogador, 18 fichas en total de dúas cores diferentes (9 +9)

Espazo: cadrados riscados no chan con 24 marcas ou nun taboleiro.

Reglas do xogo:

Xogan dúas persoas pero tamén se pode xogar por parellas.

Co taboleiro baleiro,os xogadores comezan a colocar as súas pezas de forma alternativa. Cada vez que un xogador consegue colocar tres fichas en liña( a esta formación chámase muíño) retira unha peza do adversario, a que desexe, agás as que formen parte dun muíño. Unha vez retirada a ficha non pode volver a o xogo.

Despois de colocar as nove pezas, estas poden moverse cara as casiñas baleiras, avanzando en calqueira dirección unha soa casiña.

O xogo remata cando a un dos xogadores ou parellas só lles quedan dúas fichas ou non poden mover as súas fichas.

xogo o muíño