Xogos Xogo “a chave de santiago”

Xogo “a chave de santiago”

Este xogo tradicional está composto pola chave que é unha peza de ferro en forma de punta de lanza rústica ou lingua, que remata estreitándose na súa base.

a chave de santiago

Os pellos ou discos son redondos e planos, alisados polas dúas caras, debendo ter entre 500 e 550 g de peso.

A distancia entre a base da chave e a liña de lanzamento será de 14,20 m, debéndose situar quen lanza os pellos, por tras da liña.

Cada partida xogarán catro persoas, emparelladas dúas a dúas.

Cada unha lanzará dous pellos por tirada. Os pellos que non atinen na chave hanse contabilizar por tantos (cada pello un tanto) por proximidade coa chave.

A puntuación de cada partida é de 100 tantos. Cada pello que golpee na chave terá gañado un valor de 8 tantos, tendo que ser o lanzamento directo, sen rebotes nin ter petado antes no chan ou no cepo.

Non é preciso derrubar a chave para contabilizar unha diana; abonda con rozala. Só se contabilizará cando o pello golpee directamente sobre a chave e esta sexa derrubada cara atrás.

O sistema de anotación consiste en descontar os tantos conseguidos dos acadados pola persoa do equipo contrario.No caso de empate tirarán novamente, comenzando a parella que tivese máis también.