Xogos O xogo da rá

O xogo da rá

Este xogo de precisión, consiste no lanzamento duns discos metálicos (pellos) dende unha distancia marcada (que oscila entre 2 e 3 m) e unha caixa con cinco furados, dúas argolas, un moíño e unha rá ,sendo o obxectivo do xogo introducir os pellos na boca da rá ou no seu defecto, por algún dos outros furados da mesa.

En función de onde se metan os pellos, haberá variacións na puntuación.

Os grupos estarán formados por 6 xogadores/as ,catro deles titulares e dous reservas. Cada xogador/a lanzará oito fichas ou discos por tirada. Todas as persoas compoñentes do equipo efectuarán os lanzamentos seguidos.

Os lanzamentos á boca da rá realizaránse á distancia de tres metros e medio. As partidas xogaránse a 10 tantos ,contabilizándose cada vez que se introduce unha ficha na boca da rá, un tanto.

Xógase cun determinado número de pellos(habitualmente 8 ou 10) e de voltas. As puntuacións que se otorganaos diferentes obstáculos que aparecen na mesa son:

  • RÁ: 50 puntos
  • MOÍÑO: 25 puntos
  • ARGOLAS: 10 puntos
  • FURADOS: 5 puntos.

O xogo da rá

O xogo da rá