A empresa Febal Producción SL, nace no ano 2000 ca vocación de contribuir ao desenvolvemento sostible do sector forestal e do rural galego.
Desta maneira Febal Producción SL, dende a súa orixe adícase a venda de madeira tratada para o sector agroforestal, xardinería e construcción, actividades que segue a realizar hoxe en día.
Dende hai un tempo, a través d noso vínculo co medio rural e en especial co medio agroforestal, vimos observando a necesidade de sensibilizar a grupos escolares da importacia do aproveitamento sostible e multifuncional do monte. Esta necesidade foi a que nos impulsou a crear a "Aula de Interpretación dos Traballos Forestais"
Por outra banda, aproveitando a amplia experiencia da empresa na actividade da venda de madeira, apóstase pola diversificación creando un taller artesanal de elaboración de xogos tradicionais galegos, xa que creemos que a recuperación das costumes é un valor social en alza.